Producimos planta hortícola, forestal e ornamental aquí mesmo, na Galicia interior. O que sae dos nosos invernadouros xa está afeito ao sol de agosto e á xeada de xaneiro.
As nosas plantas medran dentro deste rango antes de saír do viveiro. Por iso resisten no teu xardín.
Dende 2004 producimos en Castrelo do Val plantas hortícolas, forestais e ornamentais fortes, ben aclimatadas e preparadas para o clima galego.
Realizamos parte do proceso dende a sementeira e acompañamos cada planta ata que está lista para o teu xardín, horta ou monte.
Coñece EcoagroCada bandexa, cada invernadouro e cada viveiro forma parte dun proceso pensado para dar plantas que aguanten de verdade.
Plantas cultivadas e aclimatadas na Galicia interior, preparadas para soportar xeadas e altas temperaturas.
Realizamos sementeira propia e acompañamos cada fase do crecemento nos nosos invernadoiros.
Planta hortícola, forestal e ornamental, árbores froiteiras, sementes, abonos e outros produtos.
Axudámoste a escoller as variedades máis axeitadas para o teu terreo, o clima e o tipo de cultivo.
As principais categorías do viveiro. Escolle unha para ver máis detalle.
Estamos en Castrelo do Val, no corazón da comarca de Verín. Fácil de atopar e de visitar.
| Luns | 9:00–13:30 · 15:30–19:30 |
| Martes a venres | 9:00–13:30 · 15:30–19:30 |
| Sábado | 9:00–13:30 |
| Domingo | Pechado |